- Privacidade -

Si, privacidade en maiúsculas. Para nós é fundamental.
É un dos principios fundamentais nos que baseamos o desenvolvemento da nosa aplicación Reliqium.
TODO o contido que os nosos usuarios gardan no seu Reliqium está cifrado e almacenado na nube de forma segura.


- É o caso de todas as aplicacións do mercado? -

Pois por desgraza non.
Desde o lanzamento de iOS 14, Apple obriga aos desenvolvedores a catalogar aquelas aplicacións que supoñen un risco para a privacidade dos usuarios.
Cando descargas unha aplicación, consulta na sección Privacidade que datos teus se están compartindo con terceiros.


- e... que opinan os usuarios?

Pois as estatísticas son claras, desde o lanzamento de iOS 14.5, o 88% dos usuarios desactiva o seguimento dos seus datos.
Google saltará ao tren imparable da privacidade en pouco tempo e tamén obrigará ás aplicacións a explicar que datos se rastrexan.

 


- e... como xestionas este problema en Reliqium?

Como podedes ver nas tendas, a nosa aplicación NON recolle datos dos nosos usuarios e, moito menos, os comparte con terceiros.
Ademais, todas as lembranzas que os nosos usuarios gardan no seu Reliqium, están cifradas e gardadas na nube.
Só o propio usuario a través da súa xoia pode acceder ao seu contido.